Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 06. A vestimenta. 02. Identificación de prendas nas ilustracións

21 Xan 2022 - 21 Abr 2022

Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 06. A vestimenta. 02. Identificación de prendas nas ilustracións

Outras actividades

Aquí vos deixamos as solucións á transcrición e a seguinte actividade deste obradoiro de investigación.

 

Tendo en conta a relación de prendas que aparece na nosa fonte documental, propoñémosvos que identifiquedes algunha delas nas ilustracións que vos presentamos, correspondentes á Colección cartográfica e iconográfica do arquivo.

 

Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou do Facebook do arquivo.

 

O venres 28 publicaremos as solucións e unha breve contextualización histórica sobre o tema que nos ocupa.