Pescuda no arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. 7. A Educación. 1. Completa a transcrición
Outras actividades
Achegamos unha nova entrega sobre a vida en Galicia no século XVIII; esta vez imos centrarnos na educación daquel momento.
A primeira actividade que vos propoñemos, como ven sendo habitual, é completar a transcrición, enchendo os ocos, do devandito documento.
Comecemos entón con esta parte do obradoiro documental. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.
O venres 1 de abril publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.