
Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 09. Os oficios. 01. Completa a transcrición
Outras actividades
Despois do descanso estival imos volver á nosa pescuda da vida en Galicia no século XVIII tendo como base as fontes primarias que nos ofrece o arquivo. Esta vez ímonos centrar nos oficios que desempeñaban os galegos e as galegas naqueles tempos.
Traballaremos cun documento do fondo da Alcaldía Maior de Ferrol e da Graña que dá conta da existencia naquel momento de panadeiros, tamén chamados forneiros.
Comecemos entón con esta parte do noso obradoiro documental. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou do Facebook do arquivo. O venres 23 de setembro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.