Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 10. Os transportes. 02. Verdadeiro ou falso

25 Nov 2022 - 25 Feb 2023

Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do século XVIII. 10. Os transportes. 02. Verdadeiro ou falso

Outras actividades

Achegámosvos a solución da transcrición do Expediente de arrendamento do Barco do Porto da Pasaxe que vos presentamos a semana pasada. Para realizar a seguinte proba deste obradoiro recoméndase volver a ler con atención o documento e a continuación indicar se as afirmacións que realizamos son verdadeiras ou falsas.

 

Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.

 

O venres 2 de decembro publicaremos as solucións e un breve apuntamento histórico sobre os medios de transporte no século XVIII.