15 Xan 2021 - 31 Dec 2021
Outras actividades

Pescuda no arquivo a vida na Galicia do século XVIII. As enfermidades 01

01 COMPLETA A TRANSCRICIÓN

Nesta primeira xornada de investigación propoñémosvos indagar sobre as doenza e os tratamentos médicos que aturaban as xentes de Galicia naquel tempo. A proba documental que vos facilitamos esta semana é un auto da Alcaldía Maior de Ferrol e a Graña (signatura 5020/49-2) Tendo en conta que o primeiro que ten que facer un bo investigador é decatarse de todo o que lle poden dicir as probas, deberemos ler detidamente o texto. Para facelo máis ameno presentámosvos dúas actividades: 1. Completar a transcrición do texto orixinal, enchendo os ocos. 2. Resolver un encrucillado   Comecemos pois coa primeira das actividades deste obradoiro documental. Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar por correo electrónico, ao enderezo do arquivo (arq.reino.galicia@xunta. gal), ou a través do Facebook (@arquivodoreinodegalicia)   O vindeiro venres, 22 de xaneiro, achegaremos as solucións e publicaremos o encrucillado.