Pescuda no arquivo. A vida na Galicia do XVIII. 5. O enxoval. 01. Transcrición.
Outras actividades
PESCUDA NO ARQUIVO: A VIDA NA GALICIA DO XVIII
05 O ENXOVAL
01 COMPLETA A TRANSCRICIÓN
O noso pequeno obradoiro documental sobre a vida cotiá no século XVIII vai abordar agora o enxoval das casas estudadas no capítulo anterior.
Propoñémosvos ler detidamente as dúas mostras documentais e completar a transcrición do texto orixinal enchendo os ocos que aparezan. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.
O venres 26 de novembro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.