Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos

Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos
08 Xuñ 2018

Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos

Exposicións

Os arquivos rexistran estes procesos e ao mesmo tempo son eles mesmos materia de conservación e destrución. Son testemuño, memoria, patrimonio, pero tamén refugallos ou subprodutos da Administración e do poder que é preciso expurgar para evitar precisamente a súa parálise.

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, difundido este ano baixo o lema “Arquivos, gobernanza, memoria, patrimonio”, esta exposición busca recrear esa dialéctica da sociedade e da vida a través da observación concreta dalgúns testemuños de actividades relacionadas coa evolución urbanística das nosas cidades.

Da man dalgúns expedientes de diversos organismos públicos competentes en materia urbanística conservados no Arquivo do Reino de Galicia asistiremos a eses procesos de construción, destrución e memoria que forman parte intrínseca do noso ser máis profundo.