Fondos documentais

Fondos documentais

Información que podemos atopar na base de datos

Na base de datos pódese encontrar a descrición documental de diversos fondos do Arquivo. É unha base en contínua actualización que contén rexistros de documentos (e tamén as imaxes asociadas a eles) e de "autoridades" (palabras clave que nos permiten acceder á información que conteñen) correspondentes a diferentes fondos ou coleccións documentais.

O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.

¿COMO CONSULTAR A BASE DE DATOS?

Pode acceder directamente á base de datos (non é necesario introducir ningún nome de usuario ou contrasinal) ou consultar previamente a información de AXUDA que aparecerá ó pulsar sobre os signos de interrogación ¿? situados á dereita da pantalla.

Tenga en conta que encontrará a información descritiva dos documentos que se atopen na base de datos ben de forma estruturada, dacordo coa xerarquía orgánica ou funcional que articula interiormente calquera fondo documental, ben de forma sencilla, sen observar ese contexto.

Acceso