Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo é o primeiro arquivo da administración autonómica de Galicia creado para recibir os documentos da administración periférica. Depende organicamente da Delegación Territorial de Lugo, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e funcionalmente da  Subdirección de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Para desenvolver as súas funcións o arquivo dispón na actualidade, polo que respecta aos espazos e locais, de 70m2 de oficina e tres locais nos sotos que contan cun total de 3.700 metros de andeis. Os usuarios principais deste arquivo son as oficinas produtoras que poden consultar os seus documentos dende o mesmo momento da transferencia.

Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

Ficha do Arquivo

Código identificador
ES GA 27028 ATLU
Formas autorizadas do nome
Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Formas paralelas do nome
Archivo Territorial de la Xunta de Galicia en Lugo
Outras formas do nome
Tipo de institución conservadora dos fondos
Pública. Titularidade: autonómica. Categoría: Arquivos Territoriais.
Localización
Delegación Provincial da Xunta de Galicia, ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo
Enderezo
LUGO
Código Postal
27003
Teléfono
+34 982 294 240
Fax
Web
https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-xunta-lugo
Email
arquivo.xeral.lugo@xunta.es
Persoas de contacto
Olimpia López Rodríguez, xefa de Sección
Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Os antecedentes deste arquivo atópanse na reunión, nun único edificio administrativo, da maioría das delegacións provinciais da Xunta de Galicia en Lugo, a finais dos anos 90. O Arquivo Histórico Provincial e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura expoñen a necesidade da creación dun arquivo administrativo para a custodia dos documentos das delegacións provinciais. A comisión xestora do edificio recolle a proposta e comeza a traballar para dotar de espazo de oficinas e de depósitos ao futuro Arquivo Territorial. Respecto do espazo, a comisión xestora destina uns 100 m² para oficinas e 3 locais para depósitos nos sotos do edificio, un deles xa dotado inicialmente con armario de andeis do tipo compacto, con capacidade total para recoller aproximadamente 3,5 km de documentos. Este proceso desemboca na creación do arquivo territorial mediante a Resolución do 11 de setembro de 1998 pola que se publica o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de setembro de 1998 que aproba o Plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Nesta resolución créase o arquivo como un dos servizos xerais do edificio administrativo e aparece na Relación de Postos de Traballo adscrito á Delegación Provincial de Cultura. No momento actual, o Arquivo Territorial de Lugo segue a consolidar a súa traxectoria como arquivo de titularidade autonómica que xestiona os documentos xerados pola Administración periférica da Xunta de Galicia. A continuidade dos traballos fai que se consigan uns resultados que melloran ano tras ano.
Contexto cultural e xeográfico
Este arquivo ten como funcións principais manter, custodiar, servir, etc., os documentos producidos pola administración periférica da Xunta de Galicia en Lugo. E transferirlle ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo os documentos que sexan de conservación permanente.
Atribucións/fontes legais
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia. -Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
Estructura administrativa
Dirección Sección Arquivo Repografía
Xestión de documentos e política de ingresos
O arquivo recibe as transferencias documentais das xefaturas territoriais das consellerías en Lugo sitas no edificio administrativo. E transfire documentos ao Arquivo Histórico Provincial unha vez que se cumpren os prazos de conservación correspondentes.
Edificio
O arquivo está situado no edificio administrativo da Xunta en Lugo, construído en 1997. Este edificio dispón de tres andares sobre a rasante e dous debaixo. As oficinas do arquivo sitúane no segundo andar e os depósitos nos sotos do edificio.
Fondos e outras coleccións custodiadas
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Horario
De luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas en inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De Luns a venres, de 9:00 a 14:00 en verán (21 de xuño a 21 de setembro).
Condicións e requisitos para o uso e acceso
Consulta en sala. Libre acceso. Identificación con DNI ou pasaporte. Acceso aos fondos suxeito á normativa legal vixente en materia de protección de datos e consula de documentos.
Accesibilidade
Acceso para persoas con discapacidade: si A maioría de liña de buses urbanos teñen parada moi preto do edificio administrativo da Xunta de Galicia. En concreto, son as liñas 1, 1A, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 7A, 8, 9, 9A, 10, 12 e 14.
Servizos de axuda á investigación
Servizo de asesoramento para a busca e localización de documentos. Consulta non presencial a través de correo postal, correo electrónico e telefónica.
Servizos de reproducción
Realízanse copias en papel e dixitais. As reproducións están suxeitas ás tarifas establecidas na normativa vixente, que inclúe a realización da copia, a autorización para a súa edición, se é o caso, e o envío postal das copias.
Espazos públicos
Identificador de descrición
Identificador de institución
Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
Regras e/ou convencións
ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación, revisión ou eliminación
Creación: 2014-08-22 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-29 [ISO 8601].
Lingua
Galego: glg [ISO 639-2]
Fontes
Guía dos arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, 2013, p. 127-133.
Notas de mantemento