O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra ven de publicar a MEMORIA ANUAL 2013
Cabe salientar que durante o ano 2013 o arquivo recibiu por transferencia un total de 3.166 unidades de instalación, o que supuxo un total de 364,09 metros lineais.
Estas transferencias supuxeron unha porcentaxe de ingresos con respecto ao volume total de unidades de instalación do arquivo do 3 %
En canto ao volume das transferencias, cabe destacar as efectuadas pola Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) co 44 % do total ou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co 23 %.
Debido a que aínda non se elaboraron as táboas de transferencia, estas efectúanse en función das necesidades das oficinas produtoras polo que as entradas de documentación son moi dispares.
No seguinte gráfico móstranse as transferencias efectuadas por meses.
Tamén cabe salientar o volume de préstamos durante este ano, que foi de 849.
No gráfico pódense apreciar as peticións de préstamos por departamento.