Fondos
Procedencia
O arquivo que nun principio naceu como Arquivo Central, foi recollendo documentación que correspondería custodiar aos distintos arquivos de oficina por falla de espazo nas distintas dependencias.
En relación có marco legal, o Arquivo Central como parte integrante do Subsistema de arquivos da Xunta de Galicia, está suxeito o Decreto 307/1989 polo que se regula o Sistema de Arquivos de Galicia e o Patrimonio Documental da Xunta de Galicia. Isto significa que permitirá o correcto cumprimento das funcións que ten encomendadas,
O Arquivo Central conta con 60.000 unidades de instalación distribuídos en 7.100 metros lineais de estanterías.
Fondos
Historia
A primeira etapa na historia do Arquivo (2002-2004) comezou coa contratación de tres técnicos de arquivo.
Este período iniciouse coa recollida dos fondos que se encontraban nos depósitos de arquivo das distintas Delegacións da Xunta de Galicia, así como a documentación que se encontraba nas oficinas que pola súa data e o seu volume foi preciso recoller. O que supón asumir un volume aproximado de 3.322 metros lineais, iniciándose as tarefas de organización, descrición e instalación.
Dende mediados do ano 2004, remataron os contratos establecidos entre a Administración Autonómica e os técnicos.
Posteriormente, non houbo persoal á fronte do Arquivo Central. Durante este intervalo de tempo, a organización, acceso e custodia dá documentación era responsabilidade dos produtores, o que leva consecuencias moi negativas, acumulación de documentos sen tratamento e con dificultades para a súa localización, para un servizo que xa estaba funcionando, e que comezaba a ser necesario para as Unidades produtoras.