Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Territorial xorde como un servizo común para recoller os documentos dos diferentes departamentos da Administración periférica da Xunta de Galicia en Vigo. Depende organicamente da  Delegación Territorial de Pontevedra, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro Secretaría Xeral de Cultura.

Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

Dispón dun total de 7100 m de andeis e ofrece servizo de préstamo e consulta ás unidades que xeraron a documentación.

 

O edificio

O arquivo atópase fisicamente situado no soto 2.º do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. O local está dotado de dúas áreas diferenciadas; o espazo destinado a depósitos conta cunha superficie total de 700 metros cadrados e un total de 7.100 metros lineais de estantes tipo compactus; o local de traballo comprende 40 metros cadrados destinado a tarefas técnicas e administrativas.

Este edificio é resultado do concurso “Abrir Vigo ao mar”, asignóuselle a Esteve Bonell a realización da obra do Edificio Administrativo. Comézase a construír no ano 1995 e acábase no 2001.

O edificio institucional, foi inaugurado polo entón presidente da Xunta de Galicia,  Manuel Fraga Iribarne, o día 27 de xullo do 2001. É unha única peza de dous volumes configurados a distintas escalas.

O deseño do proxecto foi premiado polo premio FAD de Arquitectura e Deseño e quedou como finalista da Bienal de Arquitectura Española (sétima edición).

Sobre o Arquivo

Funcións

O Arquivo Central é a unidade encargada de recoller, custodiar e estudar a documentación producida polos diferentes departamentos territoriais, como parte integrante do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, co que un dos seus fins é tamén transferir a documentación que custodia ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, unha vez pasados os prazos temporais pertinentes.

Ficha do Arquivo

Código identificador
ES GA 36057 ATVI
Formas autorizadas do nome
Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo
Formas paralelas do nome
Archivo Territorial de la Xunta de Galicia en Vigo
Outras formas do nome
Tipo de institución conservadora dos fondos
Pública. Titularidade: autonómica. Categoría: Arquivos Territoriais.
Localización
Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo (Pontevedra)
Enderezo
PONTEVEDRA
Código Postal
Teléfono
+34 986 817 799 +34 986 817 620
Fax
Web
https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-xunta-vigo
Email
arquivo.cultura.vigo@xunta.es
Persoas de contacto
Violeta Bernal Díaz, xefa de Sección
Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A Delegación Territorial de Xunta de Galicia é o órgano que xera os documentos que se custodian neste arquivo. Trátase da administración periférica da Xunta de Galicia en Vigo, que xorde con entidade propia dentro da provincia de Pontevedra. Según o decreto 245/2009 polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta, integran o ámbito territorial da Delegación Territorial de Vigo os concellos de Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.
Contexto cultural e xeográfico
Este arquivo ten como funcións principais definir, implantar e manter o sistema de xestión documental no ámbito da administración periférica da Xunta de Galicia en Vigo. Nun futuro deberá transferir ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra os documentos que sexan de conservación permanente.
Atribucións/fontes legais
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia. -Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Estructura administrativa
Dirección Sección Arquivo Reprografía
Xestión de documentos e política de ingresos
Polo seu carácter de arquivo central, recibe as transferencias documentais da unidade administrativa das delegacións da Xunta de Galicia en Vigo. Transferirá os documentos de valor permanente ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Edificio
Metros cadrados dos depósitos: 770. Metros lineais de andeis: 7.100 . Metros lineais de documentación: 3.320. Unidades de instalación: 26.865. O edificio atópase no soto segundo do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e consta de dúas áreas diferenciadas: o espazo destinado a depósito, dotado con armarios de andeis tipo compacto, e o local de traballo.
Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Administracións Públicas 1989-2011 2.1 Economía e Facenda 1985-2012 2.2 IGAPE 2002 3. Comercio e Consumo 1996/2010 4. Cultura 5. Deporte 6. Educación e Investigación 7. Industria 1980/2011 8. Medio ambiente 9. Medio Rural 10. Pesca 1989/2011 11. Política Lingüística 12. Política Territorial 13. Sanidade 1980/[s.d] 14. Seguridade e Interior 15. Servizos sociais 1988/2011 16. Traballo 1985/2011 17. Turismo fondos públicos das xefaturas territoriais das Consellerías de Admon. Pública, Economía, Facenda, Comercio e Consumo, Cultura, Deporte, Educación e Investigación, Industria, Medio Ambiente, Medio Rural, Pesca, Política Lingüística, Política Territorial, Sanidade, Seguridade e Interior, Servizos Sociais, Traballo e Turismo.
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=36
Horario
De luns a venres, de 8:15 a 14:45 horas en inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas en verán (21 Xuño a 21 Septembro).
Condicións e requisitos para o uso e acceso
Consulta en sala Libre acceso Identificación con DNI ou pasaporte Acceso aos fondos suxeitos á normativa legal vixente en materia de protección de datos e consulta de documentos.
Accesibilidade
Acceso para persoas con discapacidade: SI Liña de autobuses urbanos que conectan co arquivo: 10, 15b, 18, 28, c2, c9b
Servizos de axuda á investigación
Servizo de atención ás administracións e as cidadáns. Instrumento de descrición en papel e opac (acceso á base de datos) Servizo de asesoramento na busca e localización de documentos Consulta non presencial a través de correo postal, electrónico, fax..
Servizos de reproducción
Copias en papel e dixitáis en A3, A4, e superiores; pódense gravar imaxes. As reproduccións están suxeitas ás tarifas establecidas polo Decreto 219/2011; A solicitude realízase mediante formulario. A reproducción necesita autorización do responsable.
Espazos públicos
Identificador de descrición
Identificador de institución
Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
Regras e/ou convencións
ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación, revisión ou eliminación
Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2015-02-03 [ISO 8601].
Lingua
Galego: glg [ISO 639-2]
Fontes
Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
Notas de mantemento