Servizos

Servizos

Servizos do arquivo

Acceso e consulta

sala de consulta do Arquivo atópase na planta baixa do edificio e conta con 24 postos de lectura onde as persoas usuarias teñen acceso aos fondos do Arquivo e da súa biblioteca auxiliar.

Para a consulta dos fondos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense a cidadanía ten á súa disposición instrumentos de descrición en papel, así como equipos informáticos para o acceso ao OPAC e a outras bases de datos.

O acceso á información contida nos documentos do Arquivo é libre e gratuíto coas limitacións que poidan establecer a lexislación vixente e o estado de conservación dos documentos e coa subxección ás normas de consulta dispoñibles na sala.

A solicitude de documentación farase cubrindo a ficha de consulta que lle facilitará o persoal na sala. Para consultar os documentos é necesario que a persoa peticionaria se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

As consultas tamén poden facerse a través de correo electrónico ou vía telefónica.

 

Lectores de microfilme e microficha

O centro dispón de lectores para a consulta dos documentos reproducidos en microfilme ou microficha.

 

Información e asesoramento técnico

O Arquivo facilita información documental e bibliográfica sobre os fondos que custodia.

 

Biblioteca auxiliar

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense conta cunha biblioteca auxiliar especializada en historia, arquivística, dereito e ciencias sociais. O seu contido está accesible vía web por medio da rede de bibliotecas de Galicia (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/).

A consulta dos exemplares da biblioteca auxiliar só é posible de xeito presencial na sede do propio Arquivo.

 

Servizo de reprografía

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense dispón dun servizo de reprodución que realiza copias da documentación previo pago das taxas correspondentes. Ademais emítense informes, compulsas e certificacións de documentos que formen parte dos fondos propios do centro.

As solicitudes de copias poden realizarse presencialmente na sede do propio Arquivo ou por correo electrónico.

 

Conservación e restauración

O Arquivo elabora, ocasionalmente, informes técnicos sobre condicións de conservación e propostas de actuación relacionadas coa conservación e restauración de arquivos e documentos en papel para outras institucións públicas, entidades privadas sen ánimo de lucro e posuidores de patrimonio documental.

 

Difusión

O Arquivo difunde os seus fondos a través de distintas redes sociais e dende o ano 2006 publica a folla voandeira Fronda para divulgar a riqueza do seu patrimonio documental.

Ademais de contar con dúas exposicións permanentes, organízanse mostras temporais e tamén se programan visitas guiadas e actividades pedagóxicas.

 

Préstamo

O préstamo de documentación está reservado a órganos da Administración e a exposicións temporais doutras entidades.