Sobre o Arquivo

Sobre o Arquivo

O Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias (de 8:30 a 20:30 h) e presta servizo a toda clase de persoas usuarias, que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede no edificio que foi convento franciscano entre os séculos XIV y XIX e cuartel de infantería entre o XIX e finais do XX (Rúa Emilia Pardo Bazán s/n).