Cursos

FRONDA nº 39. Bicentenario de la Constitución de 1812

En marzo de 2012 cumpríronse 200 anos da proclamación da Constitución de 1812, fito co que culminou o proceso de ruptura política desencadeado en España pola ocupación francesa do ano 1808, e que tamén significou o inicio dun longo e tortuoso camiño dirixido a implantar en España un réxime parlamentario baseado nos principios do liberalismo. No número 39 de Fronda, libro de acordos do ano 1812 do Concello de Ourense trasládanos a aquel duro ano de guerra e fame no que, non obstante, se festexou a proclamación da primeira constitución española.

1812, junio, 30. Ourense Acta de sesión del Concejo de Ourense en el que este acuerda acusar recibo de la recepción de la Constitución de 1812. Original; papel; escritura humanística; castellano; 220 x 314 mm. AHPOu. Ayuntamiento de Ourense, Libro 133.