FRONDA nº 39. Bicentenario da Constitución de 1812
En marzo de 2012 cumpríronse 200 anos da proclamación da Constitución de 1812, fito co que culminou o proceso de ruptura política desencadeado en España pola ocupación francesa do ano 1808, e que tamén significou o inicio dun longo e tortuoso camiño dirixido a implantar en España un réxime parlamentario baseado nos principios do liberalismo. No número 39 de Fronda, o libro de acordos do ano 1812 do Concello de Ourense trasládanos a aquel duro ano de guerra e fame no que, non obstante, se festexou a proclamación da primeira constitución española.
1812, xuño, 30. Ourense Acta de sesión do Concello de Ourense no que este acorda acusar recibo da recepción da Constitución de 1812. Orixinal; papel; escritura humanística; castelán; 225 x 320 mm. AHPOu. Concello de Ourense, Libro 133.