DE COMERCIANTES A BANQUEIROS. ORIXES DA BANCA EN GALICIA

TÍTULO
07 Xuñ 2023 - 30 Set 2023

DE COMERCIANTES A BANQUEIROS. ORIXES DA BANCA EN GALICIA

Exposicións virtuais

Esta exposición achégase ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

Será unha aproximación que aproveitará a presenza no Arquivo de Galicia dos fondos documentais da Real Sociedade. Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, do Banco Sáenz-Olimpio Pérez desta mesma cidade e o da Casa de Banco e Comercio Bengoechea, de Ribadeo. A través deles, observaremos como a reflexión teórica e as iniciativas prácticas da Real Sociedade Económica de Amigos del País, por unha banda, e, por outra, a actividade comercial e bancaria de entidades como as que nos serven de exemplo contribuíron a modificar o país e a sentar as bases do sistema financeiro que hoxe coñecemos dentro do contexto do desenvolvemento do capitalismo mundial.