08 Mar 2024 - 06 Dec 2024
Exposicións virtuais

Fillas de Galicia: mulleres na emigración

A exposición Fillas de Galicia. Mulleres na emigración amosa unha selección de documentos custodiados no Arquivo de Galicia. Proceden, maioritariamente, de dúas asociacións nacidas para ser punto de encontro dos galegos fóra da súa terra: unha  en Uruguai; a outra en Barcelona. Xunto a eles se exhiben tamén historias clínicas do Hospital Psiquiátrico de Conxo e diferentes testemuños das relacións coas comunidades galegas levadas a cabo pola Administración autonómica desde os primeiros momentos da súa creación. 

Todos eles transmiten as dificultades e os anhelos dunhas mulleres que viviron a emigración. Unha viaxe no tempo e no espazo que invita á reflexión sobre o significado desta dobre condición.