VOCES ESQUECIDAS. AS MULLERES DO HOSPITAL DE CONXO

TÍTULO
08 Mar 2023 - 30 Set 2023

VOCES ESQUECIDAS. AS MULLERES DO HOSPITAL DE CONXO

Exposicións virtuais

A historia dos manicomios, convertidos a partir do século XIX en hospitais psiquiátricos, leva a marca indeleble do marxinal. Moitas persoas “diferentes”, inadaptadas ás regras sociais establecidas ou simplemente molestas foron consideradas doentes mentais e illadas da sociedade.

O Hospital Psiquiátrico de Conxo foi, desde a súa creación en 1885 ata 1953, o único centro de asistencia psiquiátrica en Galicia. Os documentos que conservamos son pequenos fragmentos de vida. Entre eles, fragmentos de vida de mulleres, moitas veces ingresadas polo único feito de tentar transgredir os roles que a sociedade patriarcal lles reservaba no ámbito do fogar.