Outras actividades

Arquitecturas escolares

Fundada no 1784, a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, restablécese definitivamente en 1834 tras pasar por varias desaparicións e rexurdimentos. Unha das súas funcións principais era a de promover a instrución popular tal é como se recolle nos artigos 3 e 4 dos seus estatutos. Deste xeito vanse paulatinamente desenvolvendo as escolas de debuxo, música, idiomas, adultos, etc. Mais ao seu interese ía máis aló do profesorado, as materias impartidas e a inspección, tamén estaba preocupado polo deseño de edificios óptimos para a labor educativa.
Hoxe presentamos unha das láminas modelo de edificios para escolas recollidos na colección de láminas da institución.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da RSEAPS, PH, Carpeta núm. 8.