Outras actividades

A corbeta Nautilus

No ano 1886 o vetusto clíper escocés Carrick Castle foi adquirido polo estado español para convertelo no primeiro buque escola da armada seguindo os modernos cánones que propugnaban a formación dos futuros mariñeiros nas artes da vela tradicional. Seis anos despois sería elixido, dentro das celebracións polo cuarto centenario do descubrimento de América, para realizar unha viaxe de circunnavegación do globo con principio e final no porto de Ferrol e, no ano 1908, converteríase no primeiro barco español que chegaría a Cuba despois da Independencia, auténtica efeméride para ambas nacións, recordada, entre outras cousas, en varias edicións de tarxetas postais.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da Casa de Banca e Comercio Bengoechea.