Outras actividades

Escavacións na catedral de Santiago

O xacemento romano-medieval da cidade atópase baixo a catedral e seu contorno inmediato formado polas prazas das Praterías, Quintana e Acibechería. Ainda que as primeiras exploracións foron realizadas a finais do século XIX polos canónigos Antonio López Ferreiro e José Labín Cabello, a labor máis importante fíxoa Manuel Chamoso Lamas quen, nas campañas levadas a cabo no período 1946-1966, dirixiu as escavacións da práctica totalidade do subsolo da catedral que pode ser visitado na actualidade. O seu traballo veu a evidenciar a ocupación de Santiago desde época romana.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Arquivo Fotográfico de Manuel Chamoso Lamas, G73327-26.