A formación das nenas
O ensino ata practicamente os anos setenta do pasado século contemplaba para a muller un papel secundario xa que a súa formación estada dirixida aos traballos do fogar. Deste xeito a Lei Moyano (1857), aínda que fai obrigatorio o ensino feminino por primeira vez en España, reserva para os nenos a formación en temas como industria, comercio, xeometría ou agrimensura, reservando para as nenas coñecementos das labores propias do seu sexo, o debuxo aplicado as labores ou a hixiene doméstica.
Neste libro da biblioteca de Ramón Bustelo, patriarca da familia Bengoechea e home preocupado pola formación da súa prole, atopamos as nocións que as nenas deben aprender nas escolas e colexios de primeiro ensino.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Casa da Banca e Comercio Bengoechea. CBCB398.