Outras actividades

Heroína de venda en farmacias

Aínda que hoxe pode sorprender o certo é que a comezos do século XX era habitual atoparse este tipo de anuncios nos periódicos ou, como neste caso, na guía anual médico-farmacéutica de Madrid do ano 1908. Os xaropes de heroína (o do doutor Madariaga era só un dos varios existentes) podían mercarse libremente nas farmacias e publicitábanse como inofensivos, polo que eran aptos para todas as idades, incluídos os nenos. No ano 1918 estableceuse a obrigatoriedade da súa venda con receita e, finalmente, no ano 1932 coa Segunda República chega a súa prohibición definitiva.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Casa de Banca e Comercio Bengoechea, CBCB 123.