Outras actividades

Músicos na rúa

Atopámonos no ano 1989, antes do despegue do fenómeno Xacobeo e do “boom” do turismo na cidade de Santiago. Daquela os músicos na rúa constituían un gremio que a sociedade en xeral relacionaba coa bohemia ou a marxinalidade, obxecto de vixilancia continua pola policía local. Moito mudou a súa consideración social en apenas trinta anos ata se converter nun dos atractivos da cidade, obxecto de regulación das súas actividades polo concello que, baixo o nome de actividades artísticas temporais en espazos públicos, obriga a estes músicos a acreditar os seus títulos e certificacións académicas ademais da súa experiencia profesional.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Premios Galicia Comunicación. FD1059.