Outras actividades

O inventario de pallozas dos Ancares

Ao catalogar a arquitectura popular de Galicia non se pode deixar de sinalar nun primeiro lugar o seu máis singular elemento, a palloza. As súa existencia supón a presencia dunha das máis primitivas construcións aínda hoxe activas en Europa. Tradicionalmente usadas como vivendas, no momento da confección do catálogo no ano 1984 só 35 seguían habitadas das 128 recollidas nos Ancares, repartidas polos concellos de Baleira, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna e, sobre todo, Cervantes que reunía máis da metade.

Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmobiliario, G85351.