Outras actividades

O Inventario Gráfico da Arquitectura do Camiño de Santiago


O inventario, realizado durante o Ano Santo de 1993, consta de 329 planos relativos a edificacións que abranguen os distintos elementos relevantes de todas aquelas tipoloxías arquitectónicas que, dun xeito ou outro, inciden sobre a caracterización do itinerario xacobeo con maior tradición, o Camiño Francés, e o seu entorno.
Organizados en 12 tramos que seguen o percorrido do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia ata a chegada a cidade de Compostela, podemos atopar planos de núcleos de poboación, edificios relixiosos, elementos da arquitectura popular ou infraestruturas ligadas ao camiño entre outros.