Outras actividades

O porto de Marín

Situada na beira meridional da ría de Pontevedra, a vila de Marín basea a súa economía no seu porto. A súa estratéxica situación natural fai que en 1916 se cree unha base naval, xerme da futura Escola Naval de San Fernando. Ao mesmo tempo a importancia do movemento pesqueiro propiciará desde os anos vinte a ampliación do peirao de Estribela cunhas obras que non rematarán ata os anos sesenta como ben se pode apreciar na fotografía.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da Familia Vilariño Pintos, 2/472.