Outras actividades

O teito de cristal nas "belas artes"

A recensión xeográfica e estatística de España do ano 1914 recolle, entre outros moitos aspectos, un apartado adicado ás belas artes. Nel recóllense nun dos seus apartados “a escasa influencia da muller no desenvolvemento da arte” con datos tales como que só o 8% das obras de pintura expostas foron realizadas por mulleres.
A ninguén estraña a situación neses anos mais se analizamos a actual non é moito mellor, pois só o 20% das obras expostas eran feitas por mulleres artistas, e iso que representan o 70% das persoas licenciadas en belas artes. A este ritmo a igualdade chegará mais alá do ano 2150.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Casa de Banca e Comercio Bengoechea. CBCB446.