Os cambios nas modas
As fotografías da serie de licencias de obras, ademais de permitir ver a evolución urbanística da cidade, permiten seguir os cambios en moitos outros aspectos. Tal e o caso da fotografía que acompaña ao expediente presentado no 1963 pola propietaria da corsetería “La Moderna”, situada na compostelá Rúa Nova, para modificar o escaparate. Grazas a ela podemos contemplar que Santiago estaba “á última” na moda interior feminina coa volta dos corsés e os suxeitadores de forma cónica característicos da moda de finais dos anos 50 do pasado século.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. FB1658.