Os intentos de desecación da lagoa Antela: o proxecto Mugártegui
No século XIX foron varios os proxectos que se presentaron para a desecación da lagoa Antela, un dos maiores humedais da península Ibérica. Na década dos 50 e 60 o proxecto presentado polos irmáns Mugártegui foi o máis elaborado ata o punto de crear, en unión con Toribio Iscar Sáez, unha empresa e conseguir a concesión para levalo a cabo. Consideraban a lagoa como malsana, que evitaba o crecemento dunha das rexións máis productivas de España, mais a oposición dos veciños, para os que a lagoa era fundamental nas súas actividades gandeiras, remataría por paralizar as obras.
Arquivo de Galicia. Real Sociedade de Amigos do País de Santiago de Compostela, 7GP447/203.1