Outras actividades

Redondela: a vila dos viadutos I

A vila de Redondela conta con dúas xoias arquitectónicas ferroviarias do século XIX, as coñecidas como as pontes de Madrid e de Pontevedra. Hoxe ímonos centrar no de Pontevedra, inaugurado no 1884. Consta de tres vanos metálicos de ferro tanto na súa estrutura como nos elementos de sustentación, salvo nos dous pequenos tramos de acceso nos que se emplea a pedra. Construído por unha compañía catalana, este viaduto aínda segue prestando servizo 135 anos despois na liña que une Redondela con Pontevedra.
Arquivo de Galicia. Fondo da familia Vilariño Pintos, G12314/16