Outras actividades

Redondela: a vila dos viadutos II

A vila de Redondela conta con dúas xoias arquitectónicas ferroviarias do século XIX, as coñecidas como as pontes de Madrid e de Pontevedra. Hoxe ímonos centrar na de Madrid, a máis antiga e a máis longa, cos seus 411 metros de lonxitude inaugurado en 1876. A gran diferencia coa de Pontevedra reside nos materiais pois, a diferenza do anterior non só emprega o ferro se non que utiliza a pedra como elemento de sustentación. Ademais o tipo de laminación do ferro conferiulle un aspecto encarnado fronte ao ton agrisado do de Pontevedra. En desuso desde 1970, xa nesa década comezou a dar problemas serios de conservación aínda que non será ata 1997 cando comecen os traballos de conservación.
Arquivo de Galicia. Xunta de Galicia. Cultura.