Teito de cristal
O termo fai referencia a barreira invisible que impide ás mulleres acceder a postos de responsabilidade nunha empresa ou na administración. A orixe do termo está nun artigo de 1986 no Wall Street Journal que facía referencia aos impedimentos que tiñan as mulleres para ascender e crecer profesionalmente con independencia dos seus méritos.
Hoxe presentamos desde o Arquivo de Galicia o teito de cristal que tiñan as mulleres no sistema educativo. Nunha das primeiras profesións de acceso ás mulleres, observamos neste cadro do persoal docente do Instituto Rosalía de Castro de Santiago dos anos 60 como a súa presenza era maioritaria nos postos de interinidade fronte a súa escasa participación nas cátedras.
Arquivo de Galicia. Xunta de Galicia. Instituto Rosalía de Castro de Santiago. G73286-03.