A igrexa románica de San Xoán de Vilanova

San Xoán de Miño

A igrexa románica de San Xoán de Vilanova

Autoría
Sen datos
Situada no concello de Miño, esta igrexa de pequenas dimensións destaca por ser unha das primeiras construcións do románico en Galicia, moi influenciada pola arte asturiana dos séculos altomedievais. Erixida nos anos centrais do século XI presenta unha soa nave que remata nunha ábsida semicircular que é a parte máis notable do templo. Articulada en tres seccións, á ábsida amosa na súa parte superior uns arquiños cegos propios do románico lombardo e catalán, e unha decoración xeométrica en forma de trenzado característica do prerrománico astúr. Esta combinación non é nada habitual en Galicia atopándose só na básilica de San Martiño de Mondoñedo.
Presentamos hoxe desde o Arquivo de Galicia unha imaxe da colección fotográfica de Chamoso Lamas que amosa o estado da igrexa no ano 1963, xusto antes da súa primeira restauración.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Colección Fotográfica de Manuel Chamoso Lamas
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
10-05-2022