07 Mar 2025 - 07 Xul 2025
Arquiveiras no Arquivo do Reino de Galicia: 1925-1975
No ano do seu 250º aniversario, o Arquivo do Reino de Galicia celebra o Día Internacional da Muller facendo presentes ás mulleres que desenvolveron parte da súa vida profesional nel, a través da exposición dunha pequena escolma de documentos que nos falan delas ou do seu traballo.
Xa desde que o Arquivo do Reino de Galicia foi creado por Carlos III en 1775 para albergar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, considerouse a necesidade de contar con persoal propio para a súa boa organización e funcionamento; tardaría moito este en ser feminino.