Pescuda no arquivo a vida na Galicia do século XVIII. As enfermidades 02.
AS ENFERMIDADES. 01-02. SOLUCIÓN Á TRANSCRICIÓN. ENCRUCILLADO
Aquí vos deixamos as solucións á primeira actividade de investigación e un pequeno apuntamento sobre o labor de transcribir:
A transcrición debe aspirar a ser reflexo fiel do texto orixinal e da lingua na que foi escrito. Para conseguir isto é preciso seguir unhas normas, tales como:
- Respectar a ortografía orixinal
- Usar maiúsculas e minúsculas segundo a normativa actual
- Transcribir como simples as letras dobres en principio de palabra
- Desenvolver as abreviaturas
- Separar as palabras unidas indebidamente ou unir as letras ou sílabas dunha palabra que aparezan separadas
- Procurar un sistema de puntuación actual
E sigamos na nosa pescuda coa segunda actividade deste obradoiro: o encrucillado. Para resolvelo cómpre respectar a escritura da proba documental, ao xeito do século XVIII.
O vindeiro venres 29 publicaremos as solucións xunto cunha breve contextualización histórica sobre as enfermidades que padeceu a poboación galega naquela época.
Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico ou a través do Facebook do arquivo.