Exposicións

Día Internacional da Muller 2017. Conflitividade laboral feminina na provincia da Coruña. 1938-1945

Para o 2017, a Organización das Nacións Unidas declarou como tema central do Día Internacional da Muller “As mulleres no mundo laboral en transformación: cara a un
planeta 50-50 en 2030 “
 

A pequena mostra documental que se ofrece a continuación é unha selección de expedientes de traballadoras da provincia da Coruña nunha época de transformación
en España: os duros anos posteriores ao remate da Guerra Civil española. Os documentos proceden na súa maioría do fondo da Maxistratura de Traballo [única]
da Coruña, que contén documentación dende o ano 1938 ao 1945, pero tamén doutros fondos como a Colección de fotografías e postais, que serven para ilustrar e
contextualizar a situación laboral da época.

Os expedientes corresponden todos eles a demandas individuais das traballadoras. A causa máis común da demanda son os despedimentos improcedentes e/ou sen aviso
previo. Evidentemente, estas demandas escondían outras situacións, algunhas coñecidas, como a discriminación salarial fronte ao traballo masculino; pero noutros
casos tamén a explotación (traballo de menores de idade, horarios excesivos, ausencia de contratos,…), o acoso e as condicións insalubres.

Exposición virtual