Servizos

Servizos

Servizos do arquivo

O acceso é libre e gratuíto. Unicamente poderá restrinxirse de acordo co establecido na lexislación vixente ou por problemas de conservación.

As solicitudes de información poderán facerse por medio de correo electrónico, por teléfono ou directamente no arquivo.

Poderán realizarse préstamos de documentos orixinais ás institucións produtoras cando sexa necesario para o cumprimento das actividades propias do organismo. Tamén se poderán realizar préstamos para participar en actividades de difusión cultural, especialmente exposicións temporais, ás institucións que así o soliciten, sempre que se cumpran os requisitos establecidos na lexislación.