25 Out 2013
A difusión na rede destes estudos faise en desenvolvemento do programa de identificación e valoración documental da Xunta de Galicia que o Arquivo de Galicia está a executar de acordo co seu Plan director. Os traballos agora accesibles no sitio web do Arquivo de Galicia, que se suman aos xa existentes son os seguintes: - 8-222. Rexistro xeral de entrada de documentos. - 8.1-222. Relacións de entrega dos documentos do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ás unidades administrativas destinatarias. - 9-222. Rexistro xeral de saída de documentos. - 9.1-222. Relacións diarias por unidades administrativas das anotacións de saídas de documentos no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. - 11-223. Expedientes de contratación de obras. - 12-223. Expedientes de contratación de subministracións. - 13-223. Expedientes de contratación de consultoría e asistencia. - 14-223. Expedientes de contratación de xestión de servizos públicos.