05 Xuñ 2026
31 Out 2026
O próximo martes día 9 ás 11:00 o Arquivo de Galicia inaugura a exposición “Cousas do Tempo: documentos dun almanaque imaxinado”. Nela tratamos de emular a estrutura dos vellos almanaques que proporcionaban prognósticos sobre o tempo atmosférico previsto no ano xunto a outra variada información de interese para un público xeral.
O discurso expositivo artellarase en doce seccións, unha para cada mes do ano. En cada unha delas exhibirase un mapa de isóbaras xunto a unha selección de documentos procedentes dos diferentes fondos custodiados no Arquivo de Galicia que representan as actividades propias do mes..., as “cousas do tempo”.