05 Mar 2025
31 Dec 2025

Hoxe ás 10:30 tivo lugar a inauguración oficial da exposición “Mulleres artistas: aprendendo o oficio”, na que tratamos de pór en valor a loita das mulleres por conseguir o recoñecemento social da súa capacidade creadora e o acceso a unha educación artística igualitaria a través dos fondos documentais de dúas institucións fortemente enraizadas na cidade de Santiago de Compostela: a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Escola de Artes e Oficios. Exhíbense un total de 39 documentos orixinais destas dúas institucións entre os que destacan informes, regulamentos de funcionamento das escolas, fotografías, láminas utilizadas como modelos de aprendizaxe ou exercicios realizados polas propias alumnas.

A exposición pode visitarse todos os días da semana, en horario de mañá e tarde, ata o vindeiro mes de decembro, e os venres pola mañá organizaranse visitas guiadas para todas as persoas interesadas.

Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.