05 Mar 2026
31 Dec 2026

O próximo martes 10 de marzo ás 10:30 horas terá lugar a inauguración da nova exposición da serie Mulleres Sobranceiras, que amosa o compromiso do Arquivo de Galicia co Día da Muller. Este ano, aproveitando a recente recepción do seu arquivo persoal, dedicámolo á homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2024, Luísa Villalta.

Exhíbense un total de 60 pezas que reflicten a traxectoria de Luísa como música e escritora. Son, fundamentalmente, apuntes e borradores da súa obra, correspondencia con escritoras e escritores, xunto con folletos e programas de actos nos que participou. En todas e cada unha destas facetas emerxeu sempre a súa paixón, o seu compromiso e a súa mirada de muller. Resaltar ese compromiso e esa mirada é o obxectivo fundamental desta exposición.