06 Xuñ 2025
12 Dec 2025
Entre os días 9 e 13 de xullo celebramos a Semana Internacional dos Arquivos, este ano co lema “Arquivos Accesibles – Arquivos para tod@s”. Con motivo de fomentar o acceso ao noso patrimonio documental e dar entrada a novos públicos, o Arquivo de Galicia ten programadas unha serie de visitas guiadas ás súas instalacións, fondos documentais que custodia e exposicións actualmente en exhibición. Estas visitas terán lugar todos os días desa semana ás 12 horas e cunha duración de hora e media. A entrada e libre e para inscribirse será necesario dirixirse a: arquivogalicia.cultura@xunta.gal.