12 Xuñ 2013
Intervirán: Mª José García Sexto, responsable na AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), do deseño, desenvolvemento e implantación en Galicia da plataforma que soporta á administración electrónica. Miguel Angel Amutio, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que nos falará da Interoperabilidade e as solucións tecnolóxica que ofrece a Administración Xeral do Estado. Raimon Nualart, do Consorci Administració Oberta de Catalunya, nos explicará o desenvolvemento de DESA´L e  i-Arxiu, servizos do Consorci para a xestión e preservación de documentos electrónicos. Mª del Mar García Miraz, por parte do Arquivo de Galicia, sobre a achega arquivística ao desenvolvemento da administración electrónica.