02 Out 2013
A exposición, que veu amosándose no edificio que é sede da Biblioteca e do Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, dende o pasado 7 de xuño, viaxará, a partir do ano 2014 por outros arquivos da xeografía galega. Para a esta itinerancia utilizaranse reproducións de todos os documentos orixinais amosados na mostra que agora remata.
Con esta iniciativa, o Arquivo de Galicia pretendeu achegar un pouco de luz sobre unha parte do patrimonio cultural frecuentemente esquecida, cal é o patrimonio documental custodiado nos arquivos. Esta aproximación tentou explicar e comprender como e por que a sociedade produce os documentos que integran aquel e cal é a utilidade directa que posúen.