30 Ago 2013
A edición electrónica destes estudos faise en desenvolvemento do programa de identificación e valoración documental da Xunta de Galicia que o Arquivo de Galicia está a executar de acordo co seu Plan director. Os traballos agora accesibles na rede, que se suman aos xa existentes, son os seguintes: 719. Expedientes de subvencións a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario. 720. Expedientes de subvencións a asociacións de consumidores e usuarios para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario. 728. Expedientes de axudas ás corporacións locais para a promoción de zonas e equipamentos comerciais. 731. Expedientes de autorización de modificación de prezos de bens ou servizos de produtos estratéxicos (Comisión de prezos de Galicia). 732. Expedientes de axudas a entidades sen fins de lucro para actividades de promoción comercial. 733. Expedientes de axudas ás corporacións locais para actividades de promoción comercial, produtos galegos e certames feirais. 734. Expedientes de axudas ás empresas privadas para actividades de promoción comercial, produtos galegos e certames feirais. 735. Expedientes de axudas para a mellora da formación profesional do sector comercial. 736. Expedientes de axudas para a promoción, construción, equipamento e modernización das lonxas pesqueiras. 738. Expedientes de axudas para actividades de promoción comercial e celebración de certames feirais de carácter comercial.