Exposición "O ronsel dun sabio 250 aniversario do pasamento do P. Feijóo"

26 Set 2014

Exposición "O ronsel dun sabio 250 aniversario do pasamento do P. Feijóo"

O obxectivo desta actividade é amosar os fondos bibliográficos e documentais custodiados nas nosas bibliotecas e arquivos que teñen relación co Padre Feijóo. Con este fin, exhibimos reproducións e orixinais de oito documentos e vinte e nove libros nos que este erudito ourensán é protagonista directo (gravados co seu retrato e da súa casa natal, notas sobre a súa vida ou exemplares da súa extensa e diversa obra) ou ben indirecto (polémicas e debates reflectidos nas obras dos seus detractores e defensores, antoloxías das súas creacións científicas e literarias ou a personaxe como fonte de inspiración)
É o desexo da Consellería de Cultura e Educación, a través  do Arquivo e da Biblioteca de Galicia que esta pequena mostra de libros e reproducións de documentos, sirva para homenaxear a tan ilustre polígrafo.