INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “FILLAS DE GALICIA. MULLERES NA EMIGRACIÓN”

foto cartel
04 Mar 2024
07 Xuñ 2024

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “FILLAS DE GALICIA. MULLERES NA EMIGRACIÓN”

O día 7 de marzo inauguramos ás 11:00 horas unha nova exposición da serie “Mulleres Sobranceiras” que o Arquivo de Galicia organiza cada ano con motivo do Día Internacional da Muller. Baixo o título “Fillas de Galicia. Mulleres na emigración” exhíbense 56 documentos pertencentes principalmente aos fondos da Casa de Galicia de Montevideo, da asociación “O Penedo. Fogar Galego” e do programa “Reencontros” promovido pola Secretaría Xeral de Emigración.

A Exposición pretende ser unha invitación á reflexión sobre o significado da dobre condición de ser muller e migrante, ademais de poñer de manifesto a desigual participación que homes e mulleres tiveron nas asociacións de emigrantes en tempos e espazos diferentes.

Xa sabedes, o xoves día 7 ás 11:00, estades todos convidados.

Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.