27 Feb 2025
31 Dec 2025

O próximo mércores 5 de marzo ás 10:30 horas terá lugar a inauguración da nova exposición da serie Mulleres Sobranceiras que o Arquivo de Galicia adica cada ano ao Día da Muller. A exposición deste ano centrase na educación artística recibida polas mulleres a través dos testemuños documentais de dúas institucións fortemente enraizadas na cidade de Santiago de Compostela: A Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Escola de Artes e Oficios.

Os fondos de ambas as dúas entidades reflicten como a muller se mantivo durante moito tempo nas marxes da educación artística impartida en Compostela, tanto como receptora das ensinanzas coma no papel de docente. 

Conseguir o recoñecemento social da súa capacidade creadora e o acceso a unha educación artística igualitaria foi un camiño difícil. Así o demostran a escaseza de alumnas matriculadas e a case inexistencia de mulleres dentro dos cadros de persoal do profesorado.

Aquelas persoas que queiran acercarse, están todas invitadas.